A concentración mototurística A Curuxa que se celebrou esta fin de semana en Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, tamén chegou a San Xoán de Río, ó único concello ourensá que coloborou nesta edición.

O venres Quiroga concentraba a todos os participantes, alí líase o pregón e rendíaselle homenaxe aos caídos. Tamén ruta de pinchos nocturna, pancetada, concertos, queimada e chourizada ás tres da mañá.

San Xoán de Río protagonizaba a xornada do sábado, a área recreativa da Veiga era o punto de encontro da ruta libre, onde unha pinchada e unha paella nas instalacións da piscina obsequiaba aos participantes.

O Concello de Ribas de Sil era o protagonista do día. Visita obrigada aos xeomiradores, pinchos, alborada moteira, entrega de premios e despedida.
