
As imaxes do Cristo e A Dolorosa saíron as rúas da Pobra de Trives o día grande da festa, este 14 de setembro, onde a música da Banda de Ramirás espertaba aos veciños co pasarrúas ás 10.00 horas. A procesión e a sesión vermú estivo amenizada pola charanga Bibei.
Hoxe tamén concerto pola tarde na Praza do Pilón a cargo da Banda de Ramirás e festa e verbena coa orquestra Galilea, na rúa San Martín.

Mañá continúan os actos festivos co concerto de Os Íñigos na Praza Doutor Paz. O sábado será a charanga Nova Trives quen dea o pasarrúas e o grupo Arizona o que poña a música na Praza do Reloxo.
A vixésimo primeira Volta Ciclista a Galicia Élite sub 23 - 3ª etapa terá a saída ás 12.00 horas da Praza do Concello, con chegada ás 15.30 horas a mesma praza
O domingo rematan as festas, pero antes ás 10.00 horas, pasarrúas coa Banda de Vilanova dos Infantes. Ás 12.00 horas, misa e procesión na honra a Virxe da Dolorosa. Ao remate, pasarrúas e sesión vermú coa charanga Tatto.

De novo, pola tarde a Banda Vilanova dos Infantes dará un concerto na Praza do Pilón e actuará a orquestra Florida Band, na rúa San Martín.
Articulo patrocinado por:


