jueves. 26.06.2025

A chuvia deixou bailar as mázcaras e tocar ó fulión en Manzaneda

Non houbo comida popular pero si estivo a esencia do entroido de Manzaneda: as mázcaras e o fulión

O entroido de Manzaneda foi dos poucos que se librou da choiva. Aguantou a auga as nubes para que a mázcara puidera bailar e o fulión tocar.

Esta ano poucos fulións, só tres: o de San Martiño, A Mourela para Acá e un dos invitados, o de Vilariño de Conso, Xuntos polo Folión. En principio había catro confirmados pero como nos di Isauro, «os outros chamaron que non viñan. É xente maior e teñen respecto». Isauro é o que da o permiso para que os fulións comecen a tocar.

Pasadas ás 11.30 horas o pimeiro folión saía do patio do colexio para logo coller rúa abaixo até a rotonda onde as mázcaras fan unha parada. Desde alí á residencia de maiores para que oian o son das agrupacións e vexan o baile das mázcaras.

Xa dentro da muralla, na parte vella, varias paradas, unha delas para repoñer forzas. Sen dúbida a máis esperada é a da Porta da Vila. Había moitas ganas de entroido, así o manifestaba Isauro : «A xente ten moitas ganas porque o ano pasado non puidemos tocar, entonces este ano a xente está moi animada, por iso. Hai que aproveitar que é o último, aproveitalo a tope, o máximo que se poda». Tamén manifestaba o seu desexo: «A ver si para o ano que ven se poden facer os carnavales como antigamente, pero temos que ter algo de precaución inda, temos que ir pouquiño a pouco».

Non houbo comida popular pero a esencia do entroido estivo onde tiña que estar, co fulión e as mázcaras. Amable Fernández así o reseñaba a Somos Comarca: «Volvemos a un entroido practicamente ao cen por cen. Non temos o xantar popular, xa que polas medidas covid héranos imposible de facer, a distancia de mesas, etcétera. E como o principal do entroido é o que estamos facendo hoxe, que son os desfiles, tocar bailar..., a comida é algo secundario. Ahora tense constumbre para cando rematan os fulións xuntarse ca xente e parolear un rato, pero a esencia son os fulións. Durante o mes pasado a visita duns pueblos aos outros, eso púdose facer con total normalidade, entonces moi contentos».

Lugo, Coruña, Boiro, Tui, Compostela, Catoira e de moitos máis lugares de Galicia achegáronse até Manzaneda para acudir a esta Festa de Galicia de Interese Turístico, como di o alcalde «hai que vilo a ver. Non é o mesmo velo nun vídeo ou na tele que vir aquí. Sentes como vibra o suelo ao paso do fulión, cando tocan xuntos. Esas sensacións non se poden explicar».

A mázcara

Pero se hai algo que fai único ao entroido de Manzaneda é a mázcara. Bailan ao son  do fulión e sobre o seu propio eixe. Non o fan todas a vez, nun movemento sincronizado unhas entran e outras saen da zona de baile.

Van ataviados cun pucho adornado con «girnaldas» de nadal do que colgan cintas de cores. A cara ao descuberto aínda que algún leva un anteface —os menos—. Camisa branca e pololos tamén desta cor, con entre dous de puntilla polo que se pasa un lazo vermello. Sobre as costas un mantón de manila e cintas de cores. Na cintura as chocas que se colocan cara o traseiro —fanas soar ao bailar—. Nos pes botas altas e na man un caxato que levantan sobre unha mao cara o ceo cando bailan e no que se apoian cando andan».

A chuvia deixou bailar as mázcaras e tocar ó fulión en Manzaneda