
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de subvencións por un valor de 895.721 euros para actividades sociais, emprendemento, cooperación cos concellos, deporte e cultura, dos cuales unha parte irán destinados a financiación dun campamento.
71.000 euros serán destinados exclusivamente para a posta en marcha dun campamento na Estación de Inverno de Manzaneda dentro do programa «ESQUIOU 2017», segundo anunciou a deputada de Transparencia e Goberno, Monserrat Lama.
Con este plan, os nenos da provincia nados entre 2005 e 2008 disporán de 735 prazas, divididas en 7 quendas, para a súa iniciación dentro do mundo do esquí.
Nesta xuntanza acordouse a programación anual e prezos públicos da Escola de Gaitas da Deputación para o curso 2017-2018. Ofertarase un total de 510 prazas para os mozos ourensáns. O prazo de matrícula permanecerá aberto do 1 ao 20 de setembro cun prezo de inscrición de 40 euros por alumno.
No relativo as empresas da provincia, autorizáronse achegas de 100.000 euros para o apoio a internacionalización dentro do programa «EXPORTOU».