jueves. 28.03.2024

O CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives será o anfitrión desta nova edición

Preto de 500 nenos e nenas e 400 adultos entre país, mestres e mestras de 16 colexios das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives, O Bolo, Viana, a Peroxa e Castro Caldelas, participarán na 22ª edición da Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela, que este ano ten por temática o Camiño da Fala.



Será o vindeiro 29 de maio no centro de ensino Manuel Bermúdez Couso, onde este ano se reúnan os centros participantes: CEIP Condesa deFenosa do Barco de Valdeorras, CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, CEIP Ramón Otero Pedraio do Barco de Valdeorras, CEIP O Bolo, CEIP de Manzaneda, CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo de Valdeorras, CEIP Manuel Folla Respino de Vilamartin de valdeorras, CEIP San Martiño de Vilariño de Conso, CEIP virxe do Camiño de Rubiá, CEIP Manuel Respino da Rúa, Colexio Nosa Señora de Fátima da Rúa, CEIP Ávila Bustillo da Veiga, CEIP da Peroxa, CEIP de Casaio e CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives


Distintivo para a presente edición da convivencia na Pobra de Trives


Como cada ano, a convivencia é froito dun traballo previo que desde semanas atrás se ven desenvolvendo nas aulas de cada centro contando coa colaboración de pais, nais e persoal docente.



Nesta xuntanza na que o carácter festivo é fundamental, que xa vai pola XXII edición e na que participa a comunidade educativa de boa parte da provincia de Ourense (fundamentalmente o oriente ourensán), realizaranse diferentes xogos populares, exhibicións, obradoiros e inchables. Unha batería de actividades cunha actuación como broche de fin de festa, onde a maior finalidade é a de establecer relacións sociais entre toda a comunidade educativa, poñendo en valor o respecto a convivencia e por suposto coa lingua galego como protagonista principal.

Imaxe dun dos xogos no 2004

A vila Trivesa xa acolleu no 2004 esta convivencia. Daquela a temática a seguir fora a culinaria e levara por título «Cholo e Nela na cociña»

Dous nenos con Cholo hai 15 anos en Trives

A vixésimo segunda convivencia de Cholo e Nela será na pobra de Trives