viernes. 29.03.2024

Dende o consistorio veñen de dar a coñecer as actividades destinadas a época do verán e a volta de outras como a Mostra do Mel

Os veciños de Quiroga xa poden coñecer as actividades que se van a desenvolver na vila durante todo o verán. As mesmas faránse seguindo un estricto protocolo para evitar contaxios pola Covid-19.

Actuacións nas rúas, espectáculos para os pequenos ou deporte de todo tipo como o regreso dos torneos de fútbol sala, e o ioga forman parte do programa para a época estival.



Entre todas destacan a do vindeiro 24 e 25 de xullo ca celebración da XXXIX Feira do Viño que se realizará entre o albergue e o auditorio para poder ter un maior control do aforo. Este evento estará precedido polo concurso de tapas que se levará a cabo nos diferentes locais hostaleiros entre os días 11 e 23 dese mes.

A outra salientable terá lugar os días 6, 7 e 8 de agosto ca realización das Festas de Verán. O 16 dese mes volverá a Mostra do Mel cunha nova edición tras a cancelación do evento no 2020 por mor da pandemia.



Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto levarase a cabo o campamento de verán. O horario será de 11:00 a 14:00 horas para nenos e nenas nacidos entre o 2009 e o 2017, ambos anos incluidos.

Inglés, deporte, aprendizaxe de hábitos saludables, repaso escolar, manualidades ou visita a piscina son parte das actividades que entreterán aos cativos.

As piscinas municipais abriránse ao público este 25 de xuño.


Un verán cheo de actividades no concello de Quiroga