sábado. 31.05.2025

O Concello de Quiroga tamén se centrará no aforro enerxético

No Concello de Quiroga xa ultiman os detalles para poder presentar os presupostos deste ano 2024
somoscomarca_240213_quiroga-callereal (1)
O Concello de Quiroga tamén se centrará no aforro enerxético

No Concello de Quiroga xa ultiman os detalles para poder presentar os presupostos deste ano 2024. De feito, «xa están case rematados, levarémolos o próximo pleno que pode ser en marzo ou a principios de abril», explica o alcalde, José Luis Rivera.

Por outra banda, fora do tema do orzamento, aprobáronse «350.000 € polo Plan Único da Deputación de Lugo. Presentamos todos os proxectos das obras que se ían facer e xa se fixo a tramitación. Estamos pendentes de que se autoricen para empezar cas obras nos distintos pobos». 

Recordemos que no Concello de Quiroga hai un total de 120 pobos, entón complícase o labor de facer actuacións en cada un deles. O que pensaron dende o equipo de goberno é que«cada ano tocaralle a unha parte, vámolo dividindo os que teñan máis dificultades ou teñan máis deterioradas as calzadas». O alcalde espera comezar a traballar no mes de abril e «darlle unha volta a Quiroga e as súas aldeas»

Unha das prioridades é «meter unha parte desas obras en aforro enerxético, dentro disto, a máis grande será nalgunha rúa de Quiroga, cada ano vamos cambiar unha». O alcalde estima que «en catro anos a idea é deixar todos os pobos saneados e en bo estado». Deste xeito, espera non ter que estar «reparando todos os anos», conclúe. 

O Concello de Quiroga tamén se centrará no aforro enerxético