miércoles. 17.04.2024
Dan inicio as xuntanzas coas adegas para participar na Feira do Viño de Quiroga

A XLII Feira do Viño de Quiroga será o 30 e o 31 de marzo. A falta dun mes, máis ou menos, xa se están comezando a levar a cabo as primeiras xuntanzas coas adegas participantes. 

Nesta semana, fíxose a primeira das xuntanzas entre José Luis Rivera, alcalde de Quiroga, e as adegas como toma de contacto para informar do desenvolvemento desta cita vitivinícola e saber a número de adegas que participarán.

Sobre a mesa quedaron temas importantes que se tratarán en vindeiras xuntanzas como as casetas, o prezo de venta do viño ou o funcionamento do “Túnel do viño” -que por segundo ano abrirá a feira-, encamiñado a probar viños de referencia das adegas da zona que habitualmente non se beben na feira.

Todas as adegas da subzona Quiroga Bibei, ou que sen estar dentro desta subzona pero si dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que elaboren os seus viños con uva procedente de Quiroga, por contar con viñedos propios no municipio ou por mercar uvas a agricultores quirogueses, poden participar nesta Feira do Viño.

Dan inicio as xuntanzas coas adegas para participar na Feira do Viño de Quiroga