O cambio de data do desfile de Entroido en Quiroga case triplica a participación

)
)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (46)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (47)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (48)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (49)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (50)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (51)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (52)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (53)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (54)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (55)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (56)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (57)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (58)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (59)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (60)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (61)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (62)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (63)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (64)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (65)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (66)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (67)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (68)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (69)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (70)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (71)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (72)
somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (73)
Pasouse de oito comparsas inscritas a vinte tras aprazar a cita polo mal tempo e o Concello xa estuda repetir a fórmula o vindeiro ano

Quiroga viviu este domingo unha das xornadas máis multitudinarias do seu desfile nos últimos anos. O cambio de data do desfile, motivado polas previsións de choiva da fin de semana anterior, resultou ser todo un acerto; das oito comparsas inicialmente anotadas pasouse a vinte participantes entre grupos e disfraces individuais.

somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (49)

O alcalde, José Luis Rivera, amosouse satisfeito co resultado e recoñeceu que a decisión foi clave para o éxito da convocatoria. «Cambiamos de data porque o domingo anterior chovía moito. En aquel entón había anotadas oito comparsas e xa pasamos de oito a vinte», explicou.

O alcalde cunha das participantes no desfile

O bo tempo, con temperaturas que rondaron os 20 graos, animou á veciñanza e tamén a participantes doutros concellos a achegarse a Quiroga. «É normal, porque ao non haber noutro lado, a xente anímase a saír. Estamos valorando a ver se de cara ao ano que vén igual facemos o mesmo», avanzou o rexedor, aínda que matizou que «nunca se sabe o tempo que pode facer».

Rivera tamén contextualizou o desfile dentro da tradición local: «Quiroga non é un concello que teña unha tradición do Entroido como pode ser Verín ou Xinzo, que anque chova teñen que facelo si ou si. Aquí é un desfile de comparsas que cando remata entregamos os premios e a xente xa marcha». Con todo, recoñeceu que este ano «pagou a pena» o cambio de data e non descartou repetilo para seguir incrementando a participación: «Este ano estamos en vinte e o ano que vén acabamos en trinta».

 

Ambiente festivo e impacto na hostalaría

O desfile non só encheu as rúas de cor e creatividade, senón tamén as terrazas e cafeterías da vila. «Sempre unha festa ou calquera actividade que se faga, se está bo tempo, xa anima a saír da casa. As cafeterías viven e a xente tamén», sinalou o alcalde.

A rúa Real presentaba unha imaxe chea de público, nun ambiente familiar e festivo que confirmou o tirón desta cita cando o tempo acompaña.

somoscomaca_quiroga_desfiledecomparsas_entroido (41)

Ademais das comparsas locais, participaron grupos chegados do Barco, Petín, A Rúa, Rubiá e mesmo Vilamartín, que acudiu co seu Enterro de San Vicente, sumándose á festa quiroguesa.

Disfraces que marcaron a diferenza

Entre os disfraces máis destacados da xornada estivo o espectacular King Kong, que chamou a atención pola súa altura, posta en escena e pola recreación de dous “súpercazadores” tentando derrubalo, nunha representación que arrancou aplausos ao seu paso.

Nunca falla tampouco a Comparsa de Quiroga-San Clodio, que nesta ocasión apostou por unha temática moi “natural”, con fadas, duendes, xianas e guerreiros no «Campo da Festa» ademais dunha carroza moi traballada que completaba a súa proposta.

Detalle dunha pequecha da comparsa Campo da Festa

Os gañadores foron Campo da Feira, os segundos Mavilandia e o terceiro O Lago dos Cines. Para rematar con bo sabor de boca chocolate churros e rosquillas obsequio do Concello.

Mavilandia

Un calendario cargado de actividades

O alcalde lembrou que o Entroido é só unha das múltiples citas que dinamizan o municipio ao longo do ano. «En Quiroga hai actividades durante todo o ano. Para un concello pequeno temos moitas», destacou. No horizonte máis inmediato sitúase a Mostra do Aceite, no mes de marzo, e xa a comezos de abril a Feira do Viño, dous eventos consolidados que forman parte da identidade local.

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado