martes. 25.06.2024

Manter vivas as tradicións e, sobre todo, por en valor os aceites «únicos» desta zona, —como os denomina José Luis Rivera, alcalde de Quiroga—, son dúas das principais razóns para seguir realizando a Mostra do Aceite. 

Esta vixésima cuarta edición comezaba ás 11:30 coa posta en funcionamento do muíño de Farrapa —construción de pedra e lousa que foi restaurado polo Concello en 1993—. O que se fixo foi unha demostración de como se facía o aceite de unha maneira tradicional. O primeiro de todo é esmagar a oliva cunha pedra de moer. Un burro era o encargado de movela. Despois de rematar este proceso, pasouse a pasta a uns capazos sobre os que se verteu auga quente. 

somoscomarca_240421_quiroga_mostradoaceite_ (16)

Este proceso fíxose en dúas ocasións, desta maneira o que se pretendía e que todo o mundo puidera saber a maneira que se tiña no pasado de facer este aceite. Mentres se realizan estas demostracións, as sete empresas olivicultoras porán en funcionamento os seus postos para dar comezo a venda de aceite. «Unha das novidades e que as botellas levarán o formato e etiqueta de cada un deles», explicaba Rivera para unha entrevista a Somos Comarca. 

Como en anos anteriores, a capela das Farrapas acolleu ás 12:00 unha degustación comentada dos aceites participantes nesta edición. Cabe recordar que nesta ocasión eran sete: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga, Pedro Soto Losada,  Val de Quiroga e Cento por Cento. A esta mesma hora, podíase escoitar o son das gaitas de "O Recanto" comezando a súa actuación. 

Ás 13:00 volveuse facer de novo esta degustación para todas aquelas persoas que non puideron asistir a primeira. E para aqueles que quixeran un pouco de baile, puidérono facer da man do grupo de música tradicional "Merenzao". Aqueles que quixeron seguir desfrutando da zona, puideron tomar churrasco e polbo a hora da comida. 

O alcalde xa está a pensar como será a próxima edición. «Son as vodas de prata, entón vámola trasladar a Quiroga. Aínda que seguiremos facendo o do muíño», adiantaba o alcalde nunha entrevista para Somos Comarca. Iso si, para poder acudir a ver esta actividade tradicional, «poñeremos un autobús para quen queira ir». A maiores faranse dous días, «queremos darlle máis promoción o produto». 

Se quere escoitar a entrevista completa pódeo facer aquí:

Os aceites «únicos» de Quiroga protagonistas durante todo o día en Bendilló