martes. 21.05.2024
Mostra do Aceite de Quiroga 2022 (62)
Sete olivicultores participan na Mostra do Aceite de Quiroga

A Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló, xa ten pechado o programa.

«Este ano incorpórase dous máis que pertencen ao Concello de Ribas de Sil.», explica José Luis Rivera, alcalde de Quiroga. Polo tanto, sete son os olivicultores que participarán na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento. 

O alcalde aproveitou a entrevista que concedeu a Radio Valdeorras para adiantar que o ano que vén «vamos trasladala a Quiroga». A maiores, «faremos dous días con distintos actos». O que pretenden con isto é poder darlle «un impulso á Mostra do Aceite». 

Programa para esta edición

A recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia que comezará ás once e media da mañá. A novidade desta edición será a degustación comentada dos aceites de Quiroga na Capela das Farrapas.

Esta degustación terá prazas limitadas e só se precisa anotarse antes do seu inicio no mesmo lugar de celebración. Para facilitar o maior número posible de participantes celebraranse dúas quendas, unha ás doce do mediodía e a outra á unha. 

Non faltará a música tradicional nesta xornada que virá da man do grupo de gaitas de Quiroga, “O Recanto” e do grupo “Merenzao”. Este último virá da man do programa Tradigalu, da área de cultura da Deputación Provincial.

Sete olivicultores participan na Mostra do Aceite de Quiroga