martes 19/10/21

Voltará o espíritu das festas de Santa Rita

As festas de Santa Rita volven a reducirse a un acto cultural por segundo ano consecutivo debido a pandemia


O 22 de maio celébrase o día de Santa Rita no Barco. Esto habitualmente supón unha serie de cambios. Como salientou o alcalde do Barco Alfredo García no especial de "Más de Uno Valdeorras" estas datas significan o inicio do verán e tamén dun extenso programa cultural e lúdico-festivo que se extende ata as Festas do Cristo.

A Santa Rita tamén é o cambio da roupa de abrigo polo día e a inauguración da tempada de pantalóns curtos. Malia que pola noite sigue a facer falta a chaqueta.

Para os estudantes pequenos tras as festas supón o inicio do tramo final do colexio, os futuros universitarios teñen a graduación previa a varias semanas de duros días de estudos para a ABAU, mentres que os máis maiores están a comezar a época de exames pensando xa en desfrutar do verán barquense.

Para os máis maiores no haberá orquestra, grupos musicais ou charangas desfilando polas rúas do Barco. Nin teatro, espectáculos de maxia ou simplemente eventos culturais que marcan ano tras ano esta fin de semana. Faltarán tamén as procesións, a figura da Santa tivo que volver a quedar no templo e non polo mal tempo. Curiosamente a climatoloxía respetou nas últimas festas.

Nesta época onde debemos apelar ao maloserá, a cabeza ou o sentidiño debemos ter paciencia para acabar por unha vez por todas ca Covid e desexar que no vindeiro ano pódanse recuperar todos os actos tradicionais, xunto a festa en toda a súa esencia e porque non, a ledicia que últimamente tanto falta.


Voltará o espíritu das festas de Santa Rita