viernes 3/12/21
Mercadiño de Nadal Rubiá
Mercadiño de Nadal Rubiá

Mañá sábado día 2 de decembro, ás 12:30h na Casa da Cultura, terá lugar a inauguración do 2º Mercadiño Navideño de Rubiá, que poderá visitarse dende ese mesmo intre en horario de 12:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h durante toda a fin de semana.

A súa organizadora, Laura Iglesias, conta que poderemos atopar moitas cousas, “manualidades, segunda man, productos tradicionais, postres, artesanía en estaño, licores”, e tamén productos de decoración navideña feitos polos nenos do Colexio Virxe do Camiño da vila, “dignos de ver porque son moi orixinais”. Os postos, de xente de Rubiá e de xente que se traslada dende O Barco, A Rúa, Ponferrada e La Bañeza.

O obxetivo principal da organización desta feira é atraer xente para “darlle vida ao pobo”, algo que fan de maneira altruista porque “con estas pequenas cousas o que queres conseguir é que a xente se mova”. Pero Laura non está sola nesta aventura, “a sorte que teño é que sempre teño axuda dos amigos e o visto bo do alcalde, esto facilita moito as cousas”.

Dentro da celebración da feira, inclúese a entrega dos premios do concurso de fotografía Rubiá, outono sen filtros organizado polo concello, programada para o domingo ás 17:00h. “É a primeira vez que se fai e estamos moi contentos coa participación conseguida”, explica.

Co desexo de participación por parte da xente do pobo e dos visitantes para poder repetir o ano que ven, Laura espera que a xente disfrute co mercadiño e anuncia “sorpresas” que se desvelarán ao remate da feira.

Tradición e artesanía no II Mercadiño Navideño de Rubiá