domingo. 05.02.2023

Rubiá mellorará a pavimentación de rúas, accesos e infraestructuras

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, Elías Rodríguez, para definir novas actuacións no ámbito da cooperación entre ambas administracións 

Reunion Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Elias Rodríguez Núñez (Alcalde do concello do Rubiá).
Rubiá mellorará a pavimentación de rúas, accesos e infraestructuras

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de Rubía, Elías Rodríguez, co que mantivo unha xuntanza de traballo para definir novas actuacións no ámbito da cooperación entre ambas administracións. 

Tras coñecer os proxectos nos que traballa o Concello de Rubiá, Manuel Baltar comprometeu a colaboración do goberno provincial para a execución de infraestruturas básicas tanto na capitalidade como noutros núcleos de poboación. 

Nesta liña, o presidente da Deputación asegurou que a vila de Rubiá contará con achegas para a pavimentación das rúas Xeadre e Tellería, así como para traballos de abastecemento e acondicionamento de parques e xardíns públicos, ademais da mellora do acceso á localidade de Trambasaugas. 

"Cada vez que nos reunimos, a disposición do presidente á colaboración é total e absoluta", puxo en valor Elías Rodríguez tralo encontro con Manuel Baltar. Ademais de programas básicos "e de excelente funcionamento" como a recollida do lixo ou o plan de empregabilidade, subliñou Elías Rodríguez, "sempre obtivemos unha resposta positiva do presidente ás obras básicas que lle solicitamos". 

Rubiá mellorará a pavimentación de rúas, accesos e infraestructuras