miércoles. 04.06.2025

O himno a San Bartolomé resonou no barrio do Bacelo

Rubiá celebrou o día grande do patrón San Bartolo coa procesión, amenizada pola charanga Celtas Largos, e a misa solemne

Rubiá é unha das moitas localidades que na xornada deste sábado 24 de agosto celebran a festa na honra a San Bartolo. Os festexos comenzaban ás 12.00 horas da maña co Santo saíndo en procesión seguido dos fieles e acompañados pola charanga Celtas Largos, que animou todo o percorrido. 

somoscomarca_20240824_rubia_procesion_sanbartolome (2)

A procesión trascurriu por San Romao até o Concello, para logo coller pola avenida de Vilafranca, ata o barrio do Bacelo, onde se fixo parada obrigada no altar que tradicionalmente se coloca nesta rúa, e despois da ofrenda e o himno, cantado por todos os asistentes, o Santo  regresou a igrexa.

somoscomarca_20240824_rubia_procesion_sanbartolome (20)

Pola tarde continuará a festa coa actuación da orquestra Super Top en sesión de tarde e noite. Mañá domingo, 25 de agosto, tocaralle a quenda  ó grupo Suavecito, que animará o baile en sesión de tarde e noite.

 

O himno a San Bartolomé resonou no barrio do Bacelo