jueves. 28.03.2024
somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (4)
Éxito de participación e ventas no Mercadiño de Rubiá

O Mercadiño de Nadal celebrado esta fin de semana en Rubiá foi un éxito, así declaraba a Somos Comarca a Concelleira, Laura Iglesias, promotora do evento desde os seus comezos.

«Os dos postos quedaron moi agradecidos, dixéronos que venderan moito. A xente tamén saía contenta, pasaron ao redor de 800 persoas pola carpa», asegurou Laura. 

O alcalde Elías Rodríguez agradeceu ós postos participantes a asistencia ao mercadiño entregándolle unha bolsa con diversos agasallos no interior. Rodríguez visitou cada un dos postos, interesándose polas vendas así como polas melloras que se poderían plantexar nunha vindeira edición.

O Mercadiño rematou cun magosto no que non faltou a empanada, o pan con chourizo e o bo viño da Terras de Rubiá.

somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (2)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (3)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (4)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (5)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (6)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (7)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (8)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (9)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (10)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (1)somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (11)

Éxito de participación e ventas no Mercadiño de Rubiá