Volve Marco Petín, a arte que sae a rúa

Volve Marco Petín, o arte que sae a rúa
A mostra de artistas da comarca celebrarase do 18 ao 20 de agosto e amosará obras de Cochorro, Chus González, José Luis Prieto «Lilí», Iván Prieto, Reme Remedios e as xoves promesas Clara Quiroga e Alba Aizpuru

As rúas cargadas de historia do vello Petín amosarán as obras de sete artistas da comarca a fin de semana do 18 de agosto. Chus González, José Luis Prieto «Lilí», Iván Prieto, Reme Remedios e as xoves promesas Clara Quiroga e Alba Aizpuru, son os artistas que converteran as rúas do casco histórico da vila nun particular museo de arte ao aire libre, coas súas obras.

Pola noite as obras locen doutro xeito

Recordo a primeira edición coma se fose hoxe, baixei a facer unhas fotos para unha pequena reportaxe do que ía ser o primeiro Marco Petín. Naquel intre estaba Amancio —un dos ideólogos da mostra— sacando un cadro dun baixo que noutro tempo fora unha corte e cuxas proporcións  case duplicaban a altura dos que o portaban. Ademais a cor era impresionante. Tratábase dun cadro de Lito «Alva».

Amancio sacando o cadro de Lito Alva

O segundo momento impáctante foi ao chegar á entrada da rúa da Igrexa coa exposición xa montada, e ver os cadros de Carina enchendo de vivas cores a magnífica visión —foi a mesma sensación que cando descubrín a Domo de Florencia co seu mármore de Carrara verde, branco e vermello—. As esveltas figuras de madeira de Conde Totino que querían acadar as campás da igrexa petinesa para repicar a gloria, non foron menos impáctante.

Cadro de Carina á entrada da primeira Marco en 2020

Tamén queda gardado no meu recordo o efecto que se produce na retina ó ver a exposición entre o caer da tarde e a noite, non se sabe cal das sensacións é a mellor. trátase de arte pero tamén de sentir as obra dos nosos paisanos dun xeito diferente.

Figura de Conde Torino ao pé da igrexa

A Marco Petín hai que vela, hai que sentila e sobre todo hai que proclamala para que a cultura e as obras dos nosos artistas cheguen lonxe. A mostra de arte está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Petín en colaboración coa Deputación de Ourense.

Nacida dunha conversa entre amigos

A Marco naceu da conversa entre David e Amancio tras un concerto da Sonora Petinesa aló pola Festa do Santiago de hai oito ou nove anos. Amancio un namorado do seu pobo sempre está argallado na súa testa para facer novas actividades que dean a coñecer o mellor da súa terra. David soñaba con acercar a arte ás persoas. Desa mestura naceu Marco.

Tres anos de Marco Petín

Non todo na pandemia foi malo, e se non que yo digan aos artistas e organizadores de Marco Petín, a mostra artística que naceu no 2020 e xa cumpre 4 anos. Carina, Lito e Conde Torino foron os artistas da comarca co que a mostra deu o seu primeiro paso. Alrededor de 100 obras —80 cuadros y 20 esculturas— amósaronse nalquel momento.

Carina e as súas axudantas na primeira Marco

No 2021 Díaz Ferrer, Xelo de Tremiñá, Carina, Roberto Álvarez, Conde e Torino, Lito (Alva), Emma Traba e Alba Aizpuru foron os artistas que deron vida a Marco Petín.

Emma Traba unha das artistas que máis impactou na segunda edición coa sua obra hiperrealista

E , no ano 2022 amosáronse as obras de Pedro Dobao; Enrique Fernández Prada, «Enris»; Xelo de Tremiñá, Roberto Álvarez e Orde Caos; además dunha selección de cadros de Jesús Díaz Ferrer, coincidindo con centenario do seu nacemento. Foron máis de 1000 persoas as que este ano se pasaron pola Marco

Ollada a exposición de arte no 2022

Se queres escoitar a conversa que tivemos en Radio Valdeorras Onda Cero cun dos idearios da exposición, David Esmerodes, fai clic na seguinte ligazón: