«As R[hu]morosas» poñen o broche ao Entre Covas entre humor, viño e patrimonio en Petín

As 50 entradas volveron esgotarse na última cita do festival, que percorreu tres covas do barrio de Santiago antes de levar á Adega Terriña un espectáculo que reivindica, con música e humor, o papel das mulleres na historia de Galicia

O Entre Covas despediu este venres, 21 de agosto, a súa segunda edición facendo precisamente aquilo para o que naceu: abrir as portas dun patrimonio habitualmente privado, unir os coveiros co sector profesional do viño e acompañar todo iso de cultura, gastronomía e convivencia.

Petín foi o escenario da terceira e última cita do festival de artes e enoturismo organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras, co apoio de Turismo de Galicia e da Deputación de Ourense. E, unha vez máis, se repetiu o cheo: as 50 entradas dispoñibles esgotáronse, cunha importante presenza de público chegado de fóra da comarca. 

A xerente da Ruta do Viño, Cristina Núñez, fai un balance «moi, moi bo» dunha velada da que, asegura, «a xente se foi encantada».

Tres covas e os seus coveiros para comezar

A experiencia arrancou no barrio de Santiago de Petín, onde os participantes percorreron tres covas privadas que os seus propietarios abriron para a ocasión: a de Gelito, a de Xurxo e a de Salva.

Non se trataba unicamente de entrar e mirar. Os visitantes tiveron a oportunidade de conversar cos coveiros e coñecer uns espazos conservados durante xeracións, achegándose así a esa outra cultura do viño que permanece nas casas e nos barrios de Valdeorras. «Foi unha visita moi entrañable», resume Cristina Núñez.

Na última das covas agardaba ademais un primeiro viño acompañado de empanada da panadería de Petín, un pequeno descanso para repoñer forzas antes de continuar camiño cara á Adega Terriña.

Mulleres que a historia non sempre puxo no seu lugar

Alí chegou a parte artística da noite da man de Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro e das súas particulares «As R[hu]morosas».

Actúan, pero tamén cantan, bailan e recitan. E fano para levar á escena a mulleres galegas ilustres e, a través delas, formular unha reflexión sobre o papel das mulleres na historia de Galicia e o escaso recoñecemento que moitas recibiron no espazo público.

somoscomarca_petin_terriña_rutadelvino_rumorosas_entrecovas3587

Todo cun ingrediente fundamental: o humor. Durante arredor de 70 minutos, as tres intérpretes conseguiron establecer unha intensa complicidade cos espectadores. Houbo risas, aplausos e ata ganas de sumarse ás cancións nunha representación dinámica que mesturou música, reivindicación e comedia. «Conectaron moitísimo co público», destaca Núñez.

O escenario contribuíu tamén a facer especial a representación. O espectáculo desenvolveuse en Terriña Adega e Viñedos, do grupo Méndez-Rojo, cunhas vistas privilexiadas sobre o val da Rúa e Petín.

Do teatro á terraza, con Valdeorras na copa

Rematada a función, a experiencia trasladouse ao salón e á terraza da adega. Xa coa noite sobre o val, chegou o momento de continuar descubrindo Valdeorras a través dos seus viños e da gastronomía.

Servíronse seis referencias de adegas asociadas á Ruta do Viño, entre elas Godello de O Cepado, Mencía de Casal, unha referencia de Quinta da Peza, o rosado de Viñaredo, Mil Ríos Godello e a Garnacha de Sampayolo.

Os petiscos chegaron da man de establecementos tamén vinculados á Ruta, como O Escondite Inglés, A Pepa e O Colmado, mentres que Terras Guigurras e Cecilia Fernández participaron no servizo da velada.

Viño, gastronomía e paisaxe completaban así unha noite que comezara varias horas antes baixo terra, entrando nas covas particulares do barrio de Santiago.

As covas que gardaron os veciños durante xeracións

Precisamente aí reside para a organización unha das claves do Entre Covas. O festival permite desfrutar destes espazos nun formato reducido e próximo, pero tamén recoñecer o papel dos veciños que os conservaron durante toda a vida.

Son coveiros que elaboraron viño para autoconsumo e mantiveron un patrimonio que forma parte da identidade vitivinícola de Valdeorras. O festival consegue sentalos, simbolicamente, á mesma mesa que adegas, hostaleiros e profesionais do enoturismo.

Cristina Núñez destaca esa «alianza entre o sector profesional do viño e o sector máis veciñal», facendo visibles a aqueles coveiros que durante xeracións mantiveron estes espazos e permitindo que ese traballo sexa tamén recoñecido polo mundo profesional.

Tres cheos e ganas de repetir

A cita de Petín pechou unha edición que deixa un balance moi positivo nas súas tres propostas. El formato reducido de Entre Covas volveu demostrar a súa capacidade para atraer público e completar os aforos.

Por iso, desde a Ruta do Viño de Valdeorras xa miran cara ao futuro. Se contan novamente co apoio necesario, a intención é repetir o festival o próximo ano, aínda que poderían introducirse cambios nas datas.

El adelanto cada vez maior de la vendimia —que este 2026 comenzó en Valdeorras en pleno mes de agosto— hace que estas fechas resulten cada vez más complicadas para las bodegas, por lo que será uno de los aspectos a valorar.

Entre Covas cierra así su segunda edición habiendo conseguido algo que va más allá de llenar sus actividades: entrar en las bodegas privadas, escuchar a quienes las han cuidado durante generaciones y conectarlas con el vino profesional, la gastronomía y la cultura que hoy muestran Valdeorras al visitante.

Fotos cedidas pola organización

 

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado