domingo. 22.06.2025

A exposición «Mulheres» chega a Petín

A Casa da Cultura de Petín acolle este Nadal o último proxecto fotográfico de Mercedes Vázquez Saavedra. Mulheres forma parte dun traballo de investigación no que a polifacética artista natural de Sarria fai protagonistas ás mulleres do rural, a través de retratos tomados en aldeas de Galicia e o norte de Portugal.

A exposición permanecerá aberta ao público dende o sábado 22 de decembro ata o xoves 10 de xaneiro, das 12:00 ata as 14:00 horas e das 18:00 ata as 21:00 horas.

O domingo 23 de decembro ás 12:00 horas celebrarase un acto de inaguración que contará coa presenza de Miguel Bautista, alcalde de Petín, de Mercedes Vázquez, autora das obras, e de Ignacio Vilar, director de cine e co-organizador. Logo da inaguración convidarase aos asistentes a petiscos e viño da D.O. Valdeorras.

A exposición «Mulheres» chega a Petín