viernes. 06.06.2025

A estrada de Barxela aparece «sementada» de botellas de viño

Na noite do Xoves de Compadres ó longo da beirarrúa da estrada que vai de Petín a Barxela, apareceron un cento de botellas de vidro .

Donde o colector da cooperativa en Petín

En torno as 10:30, do xoves 21 de febreiro, botellas de viño valeiras de distintas marcas, tamaños e colores, colocadas a ambos lados da estrada e en posición vertical, eran descubertas por un veciño e comunicábaselle a patrulla da Garda Civil. Case que dous quilómetros de «sementado» que ía desde o colector da cooperativa, no cruce das rúas Bacelo (ao final do poboado de Iberdrola) e travesía Castrofolla, até o arroio de Barxela, un pouco antes da bodega que se atopa nesa paraxe.

Estas estaban pasando a ponte do arroio do Porto

Como un pulgarciño ou Hansel e Gretel, o autor ou autores foron colocando as botellas ben alineadas e segundo lle ía pedindo o corpo, dunha nunha, de tres en tres, dez seguidas. Sería para atopar o camiño de volta?

Estas o pasar o arroio da Granxa

Estanse a

investigar os feitos e agárdase que o largo da mañá quede todo aclarado.

A estrada de Barxela aparece «sementada» de botellas de viño