
O Santuario da Nosa Señora das Ermitas en O Bolo é, ademáis dunha maravilla de construcción barroca rural, un lugar que fala da ensinanza, a que se impartiu nas aulas nas que se formaron preto de 1.350 alumnos, nos máis de 80 anos de traxectoria.
Disto nos fala o historiador Antonio Castro Voces, na nosa sección de Historias de la Historia deste mes de decembro. Explica ademáis que dito centro educativo, «foi dos primeiros que houbo en Valdeorras, tras a posta en marcha do convento dos Trinitarios Descalzos de Correxais, en Vilamartín».
O motivo de poñelo en marcha foi, según explica Castro Voces, que «Valdeorras pertencía á diócesis de Astorga, cidade lonxana cuxo seminario era o centro de referencia para a nosa comarca; a diócesis estableceu unha serie de centros para que os xóvenes se iniciaran no estudio da carreira sacerdotal; chegou a haber 34 preceptorías das que cinco se situaron no arciprestazgo de Valdeorras: unha no Mazo, outra en Castromarín, en As Ermitas, en Teixido do Bolo, e outra en Quiroga», conta.
Preceptoría do Santuario da Nosa Señora das Ermitas, situado en O Bolo
A idea, según explica o historiador, era que «os xóvenes estudiasen os primeiros cursos da carreira sacerdotal e despóis se incorporasen ao seminario diocesano de Astorga». Así, fúndase finalemente a preceptoría das Ermitas no ano 1863, «sendo bispo naquel momento Argüelles y Miranda, e o administrador e director Baltasar Carlos Salvadores».
Á preceptoría das Ermitas viñan alumnos de moitas partes da zona, «sobre todo do Bolo, da Veiga, Valdeorras, Quiroga (Lugo)». No centro estudiaban en réximen externo, aloxándose nas casas do pobo. Incluso conta Castro Voces que a diócesis chegou a pagar aos profesores «para que puideran vir a Valdeorras a examinar aos rapaces en lugar de que eles tivesen que desprazarse, polo tremendo esforzo económico que supoñía para os pais terse que desprazar».
Chegado o ano 1885, as cousas cambiaron. «Fixéronse as xestións para que os estudios, ademáis de eclesiásticos, puidesen ser tamén civiles», un avance que permitiu a moitos xóvenes estudiar outro tipo de carreiras ademáis da eclesiástica.
Insiste Castro Voces en que un dos grandes impulsores desta preceptoría foi un administrador do santuario, Antonio Tato Fidalgo, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). «Deulle un impulso grande e tiñan ata sete profesores que cobraban un salario de 750 pesetas óano, incluso había unha profesora para as nenas e recordemos que estamos a falar de finais século XIX principios do XX, é a primeira vez que se fala dunha profesora para nenas na comarca».
A modo de balance explica Castro Voces que «dende o ano 1863, ata o 1944 que foi o último ano que existiu esta preceptoría, pasaron 1.350 alumnos, polo único centro que había para poder formarse na comarca; os máis próximos serían os de Ponferrada, Ourense, Monforte». Pero resulta que, no ano 1944, sucederá á preceptoría das Ermitas a actividade docente dun seminario menor levado da man do bispo Jesús Mérida Pérez, que terá unha gran relevancia ata o 1964 en que se cerra e se abren tres centros que veñen a sustituir a este seminario: o colexio Pablo VI da Rúa, o colexio de Sanabria e o de Vega de Espinareda».
Para escuchar la entrevista completa a nuestro colaborador el historiador Antonio Castro Voces, haga click en el siguiente enlace: