martes. 03.06.2025

A Xunta salienta o compromiso co emprego e co emprendemento na comarca

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantiveron unha reunión coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA)
20240905 conselleiro emprego reunión Asociación Empresarial de Valdeorras 6c
A Xunta salienta o compromiso co emprego e co emprendemento na comarca.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mativo hoxe xoves un encontro coa presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, e a Xerente desta entidade, Teresa García.

O obxectivo deste encontro foi o de seguir avanzando na colaboración entre a Xunta e o tecido socioeconómico ourensán para impulsar o emprego de calidade, o comercio de proximidade e o emprendemento na contorna.

José González sinalou o compromiso de AEVA coa creación de emprego de calidade, indicando que a entidade é desde 2009 centro asociado ao Servizo Público de Emprego de Galicia, prestando axuda de orientación laboral e dirixido a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de traballo.

Vacantes e formación

Destacouse neste encontro a ferramenta de intelixencia artificial EMi, implantada xa nas 54 oficinas de emprego de Galicia e que permite sincronizar en tempo real as competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado e detecta sectores emerxentes e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións.

Emprendemento

Fíxose fincapé nesta reunión no Polo de emprendemento e apoio ao emprego que hai no Barco, que presta asesoramento individualizado e gratuíto a calquera persoa que queira emprender un negocio ou consolidar o que xa ten.  Desde a súa apertura, esta oficina —coa que colabora e na que se ten asesorado a AEVA— ten atendido máis de 100 proxectos.

Neste senso lembraron dende a Xunta de Galicia a existencia do Plan Remuda, que busca garantir a continuidade dos negocios e que ten activa unha orde de axudas con 1,5 millóns de euros.

A Xunta salienta o compromiso co emprego e co emprendemento na comarca