jueves. 05.06.2025

A Xunta visita o comercio do Barco co obxectivo de avanzar no seu plan estratéxico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse na Casa Grande de Viloira co presidente do CCA, Jacobo Arias, ademais de acudir a diversos establecementos do municipio
somoscomarca_240828_obarco_cca_reunion_xunta591
De esquerda a dereita, Jacobo Arias, presidente do CCA, e Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo.

A Xunta de Galicia plantexa presentar o seu Plan Estratéxico de Comercio no primeiro trimestre do próximo ano 2025. Para conseguilo, continúa percorrendo o territorio para coñecer a situación dos negocios locais. Hoxe foi a quenda do Barco, que recibiu a visita do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén. 

Ademais de acudir a diversos establecementos do municipio, Alén reuniuse co presidente da asociación Centro Comercial Aberto, Jacobo Arias, na Casa Grande de Viloira. «Sorprendeume gratamente o comercio do Barco, sacando por exemplo os seus produtos á rúa, e tamén vemos cousas que quedan por facer. Por iso poñémonos a disposición dos Concellos», indicou hoxe o director xeral.

somoscomarca_240828_obarco_cca_reunion_xunta590

Espazo destacado tamén para a praza de abastos, que recibiu igualmente a súa visita. «Teñen que dar vida aos municipios e emprego aos nosos veciños. Son un sinal de calidade». Anunciaba neste encontro Gabriel Alén que o 10 de setembro presentarase un proceso participativo «onde estará convocado todo o comercio galego para manter reunións técnicas nese último trimestre do ano». 

Pola súa banda, o presidente do CCA do Barco, Jacobo Arias, amosouse «agradecido pola disposición permanente do ente autonómico e por esta visita. Estamos á espera destes cambios, porque seguro que xurdirá algo novo. Sempre para adiante». Na mesma liña, e como representante da asociación, confirmou que teñen «moitas ganas de seguir traballando». 

A Xunta visita o comercio do Barco co obxectivo de avanzar no seu plan estratéxico