
A saúde mental será o tema central dos XXI Encontros "Familia-Escola"
Este ano a saúde mental será o punto central, de feito, o programa deste ano chámase "Saudablemente"

Os encontros "Familia-Escola" volven encher o Teatro Lauro Olmo con seis relatorios sobre a saúde mental. Este evento celebra a súa vixésima primeira xornada, organizada pola Asociación Cultural Vagalume xunto o Concello do Barco e a Deputación de Ourense. Este ano, baixo o lema "Educando Saudablemente".
Este ano, como explica José Fernández, presidente de Vagalume, centráranse na saúde mental, un tema que considera que debería estar máis presente nos espazos educativos e «contar cun profesional da psicoloxía».
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, aproveita o momento para «felicitar unha vez máis a Vagalume por este programa que temos. Para nós é un luxo colaborar nestes encontros, que non só educan os nenos e nenas se non tamén ás familias».
Os relatorios, que son gratuítos, comezarán o día 19 de febreiro da man de Rosa Molina con "unha mente con moito corpo". É doutora pola Universidade Complutense de Madrid e conta con un máster en Neurociencias.
Miriam Tirado, será a segunda en acudir a "Educando Saudablemente" o 27 de febreiro. Durante o seu espazo falará sobre "Sentir: Unha viaxe para aprender a acompañar as túas emocións e as dos demais". Tirado ten un blog no que ofrece consellos sobre a crianza de nenos e nenas de 0 a 6 anos.
Xa en marzo, concretamente o día 12, chega a quenda de Manuel Isorna, quen se centrarase en "Fillos/as adolescentes: pais/nais confundidos". É doutor en psicoloxía e máster en Drogodependencia pola Universidade de Santiago de Compostela.
O 4 de abril chega Mar Romera con "El valor de elegir y la emoción de vivir". Ela é licenciada en pedagoxía e psicopedagoxía, especialista en intelixencia emocional e autora de diversos libros dedicados á escola.
Tamén en abril, concretamente o día 16, visitará O Barco de Valdeorras Luis Muiño con "Xuventude rural, xuventude urbana: oportunidades e riscos". Muiño é psicoterapeuta, escritor e divulgador. Cooperador en Kosovo, O Salvaldor e Angola.
Para rematar, Begoña Ibarrola porá o broche de ouro ou 14 de maio. É psicóloga, escritora, divulgadora e docente en temáticas de educación emocional, neuroeducación e musicoterapia.
Todas elas celebraranse no Teatro Lauro Olmo a partir das 19:30h con entrada libre para docentes, alumnado, familiares e todas aquelas persoas que estean interesadas nos temas propostos.