
O V Ciclo Terrasón comezou con Rholben e Mano Panforreteiro
Con esta primeira cita inaugúranse os nove espectáculos de música que conquistarán as rúas e prazas do Barco

A primeira cita do V Ciclo Terrasón no Barco de Valdeorras inundou onte mércores 31 de xullo a praza Maior. Foi co concerto de Rholben & Mano Panforreteiro. Unha primeira xornada de música para todos os gustos: folk, blues, tradicional, versións, soul, funk, canción de autor ou rock.
Coa entrada do mes de agosto as citas do Terrasón continúan este domingo día 4 con C.T. Powell & The Bluedays, que actuarán no paseo do Malecón ás 13:00 horas.
O venres 9 de agosto a praza do Concello acollerá a actuación de Caldo, ás 22:30 horas; e o domingo 11 o paseo do Malecón será o escenario de Nowie & The Barbers ás 13:00 horas. O mes de agosto continúa coas actuacións de Mazu & The Rokkens —o venres 16 ás 22:30 horas na rúa Abdón Blanco—; e de The Barefoots —o domingo 18 ás 13:00 horas na praza do Sagrado—.
Xa o domingo 25 será a quenda de notAzul, que actuará no paseo do Malecón ás 13:00 horas; e o venres 30 de agosto pechará o mes Alber Solo ás 22:30 horas nas pistas deportivas.
Unha cita deste ciclo quedará para setembro, para o venres 6 ás 22:30 horas, e será a actuación de Iker Piris na praza Andrés de Prada.