jueves. 12.06.2025

Un estudiante do Barco, gañador dun concurso de carteis do Día da Muller

somoscomarca_obarco_tlo_eixoatlantico_maurodocampo_2019_02_19

A proposta de Mauro Docampo, alumno de 3º da ESO do IES Lauro Olmo, titúlase Rompamos o teito de cristal

O alumno do IES Lauro Olmo, Mauro Docampo Gacio de 3º da ESO, foi o gañador do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para alumnado de 3º, 4º ESO e 1º e 2º de bacharelato, convocado pola dirección xeral de Educación Formación profesional e Innovación Educativa e a subdirección xeral de Promoción e Igualdade. O cartel ten como lema Rompamos o teito de cristal.

O premio será entregado polo vicepresidente da Xunta en Santiago o vindeiro día 27 de febreiro coa asistencia do alumnado de 3º da ESO e a profesora titora Tania Merayo.

O obxecto do concurso foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

Os carteis gañadores serán adaptados para ser utilizados pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade. O concurso está financiado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Cartel gañador de Mauro Docampo Gacio, alumno de 3º ESO do IES Lauro Olmo do Barco

Un estudiante do Barco, gañador dun concurso de carteis do Día da Muller