viernes. 19.04.2024

Mañá día 29 de decembro remata o prazo para a inscrición de todos aqueles interesados en formar parte da comitiva dos Reis Magos, durante a cabalgata que percorrerá as rúas de O Barco. Dita inscrición deberá facerse no servizo municipal de Cultura, sito no 1º andar do Teatro Lauro Olmo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Dende o Concello informase de que respetarase rigurosamente a orde de inscrición. Serán admitidos nesta comitiva un total de 30 nenos e nenas, máis outros 10 de reserva, de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. No grupo dos maiores, persoas adultas ou nenos e xoves de entre 11 e 17 anos, admitirase a participación de 40 persoas. Os menores deberán ser autorizados por escrito polos seus pais ou titores.

Este ano, a cabalgata das Súas Maxestades retrasará a súa saída ás 18:00 horas do día 5 de xaneiro, para asegurar que as carrozas saen de noite como marca a tradición. O percorrido, como outros anos, partirá da estación de autobuses continuando pola rúa principal ata rematar na Praza do Concello.

Último día para inscribirse na comitiva dos Reis Magos