viernes. 19.04.2024

Desde o Hospital Comarcal de Valdeorras agradecen a participación do persoal, os medios de seguridade e voluntarios

Os participantes no simulacro de incendio no Hospital Comarcal Valdeorras reuníronse para facer un análise das accións desenroladas. Malia que a valoración foi positiva propuxéronse mellorar ó plan de autoprotección vixente.



Desde o organismo público de saúde, agradecen a colaboración do propio persoal, de Policía Local, Garda Civil, Grupo de Emerxencia Supramunicipal demarcación de Valdeorras, Bombeiros Parque da Rua, 061, 112  e Ambulancias SIL. Especial mención aos alumnos do centro IES Lauro Olmo, que participaron no exercicio.

Simulación de salto de alarma de incendios

Dentro do programa anual de autoprotección do centro facíase a simulación de conato de incendio, controlado por axudas externas na unidade verde de hospitalización na primeira planta do Hospital.

Logo da alerta de seguridade, activación de protocolo de chamadas designación de recepción de axudas externas e seguindo o protocolo destas axudas, evacuáronse  a tres actores que simularon as seguintes patoloxías: demencia, fractura de cadeira e doenza cardíaca.

Evacuación dun dos feridos

Evacuación ó

Centro de Saúde dos pacientes

A actuación cifrouse en 32 minutos dende o coñecemento da emerxencia ata que se deu por rematada e controlada, sendo as primeira reacción ante a mesma dos equipos de segunda intervención, formados por persoal de mantemento, seguridade e celadores. A evacuación de doentes foi a cargo do propio persoal da zona afectada, con axuda de efectivos de areas anexas, previa coordinación da Dirección do centro. O persoal participante constituíse ó efecto como equipo de alarma i evacuación.

Chegada dos bombeiros pola rúa Conde de Fenosa cortada polaPolicía Local

Estableceuse ao efecto, en recepción/información, zona de triaxe, como resultado deriváronse dous pacientes ó centro de saúde dos tres evacuados da zona de emerxencia, rebocándose o terceiro nunha unidade anexa.

Análise final

Ó remate do exercicio todos os participantes reuníronse no salón de actos do hospital, onde  se analizaron as accións e mesmo se propuxeron melloras no plan de autoprotección vixente.

A Policía Local falando cun dos sanitarios que participou no simulacro

O simulacro no hospital desprende que é necesario facer melloras