
O Teatro Lauro Olmo acolle os concertos de fin de curso do Conservatorio
O mércores día 19 actuarán cinco formacións diferentes e o xoves día 20 será un espectáculo de música moderna. Ambos comezarán ás 20:00 horas

Esta semana o Conservatorio de Música do Barco celebra o seu fin de curso con dous concertos no Teatro Lauro Olmo. O primeiro deles será este mércores día 19 de xuño ás 20:00 horas. Nel actuarán cinco formacións: un trío de música moderna; coro; orquestra de corda; grupos de saxofóns; e un grupo de música folk.
Xa no recital do xoves día 20 a música moderna terá protagonismo cun conxunto dun amplio repertorio. Tamén comezará ás 20:00 horas da tarde. Para ambos concertos a entrada é libre e gratuita.