jueves. 28.03.2024
DSC_5649
«Só podemos facer unha valoración tremendamente positiva do acto de onte»

Igaxe é unha ONG cuxo principal obxectivo é apoiar aos mozos tutelados. Neste caso chegaron ao Barco co seu Programa Mentor, onde acompañan a aqueles adolescentes no seu tránsito na vida adulta

Este venres, 18 de marzo, realizouse unha cea de presentación do programa para que os empresarios e empresarias locais puidesen coñecer o proxecto de primeira man. O acto tivo lugar no Pazo do Castro e nel interviñeron representantes da organización, o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey Vázquez e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García.

Carlos Rosón, director de Igaxes, confirmou que «desde a asociación só podemos facer unha valoración tremendamente positiva polo acto de onte. En relación á asistencia máis que satisfeitos e tamén pola acollida do proxecto, porque tivemos a ocasión de conversar con cada unha destas organizacións e, por tanto, o proxecto foi moi ben acollido».

Igaxes xa traballa na comarca para identificar oportunidades laborais que permitan a estes mozos quedar a vivir nun lugar onde o despoboamento é cada vez maior. Ademais, para que poidan desenvolverse con plenitude, brindaráselles apoio residencial e formativo, adaptando sempre as súas preferencias ás necesidades da poboación local.

«Só podemos facer unha valoración tremendamente positiva do acto de onte»