domingo. 01.06.2025

Máis de 90 empresas valdeorresas apoiaron a campaña #eusonsilfest

A praia fluvial do Malecón acolleu a presentación do oitavo Silfest coa presenza do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles

P_somoscomarca_240708_obarco_presentacion_silfest_merelles_alfredogarcia
De esquerda a dereita: José Carlos Vilor; Margarida Pizcueta; Xosé Manuel Merelles; Alfredo García; Jorge Álvarez; Alba Rodríguez

Apenas faltan 10 días para que comece o festival Silfest na praia fluvial do Malecón, no Barco. Todos os artistas que van asistir xa foron presentados, pero este oito de xullo fíxose a presentación oficial na que participou o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o alcalde do Barco, Alfredo García; a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta; concelleira de Turismo, Alba Rodríguez; e a secretaria do Consello Reguladora da D.O Valdeorras, Patricia de Andrés. Por suposto, tamén se encontraban a veira do río Sil José Carlos Vilor e Jorge Álvarez, directores do Silfest. 

«É moi complexo levar a cabo estas actividades sen orzamento», así o explicaba Jorge Álvarez durante a súa intervención. Por este motivo dálle as «grazas» tanto ao Concello do Barco como a Xosé Manuel Merrelles e a Xunta por «apoiarnos todos os anos». 

A maiores, o organizador tamén sinalaba a grande aceptación que tivo a campaña #eusonsilfest, xa que contou «con máis de 90 empresas valdeorresas que se implicaron con patrocinios ou apoios doutra maneira». 

Pola parte do director de Turismo de Galicia asegurou que é «unha satisfacción volver apoiar este festival que xa forma parte das actividades do verán valdeorrés». Neste acto Merelles anunciou que nos próximos días firmarase un convenio coa Deputación de Ourense, co Inorde, «para fomentar a actividade turística e promoción do turismo en Valdeorras». 

«Non estamos a falar de un festival de masas, non se persigue iso, o que se persigue é dar a coñecer», explicaba Alfredo García. De feito o alcalde aseguraba que as entradas «non dan para sufragar todos os gastos», neste senso dáballe «as grazas a Merelles porque sempre está». 

Máis de 90 empresas valdeorresas apoiaron a campaña #eusonsilfest