
"Seremos a vosa voz e a de todos e todas que así o queiran no Concello"
El Bloque Nacionalista Galego de O Barco, que consiguió 3 concelleiros, ha enviado una carta de agradecimiento a sus votantes

El Bloque Nacionalista Galego —BNG— se hacía este 28 de mayo con 3 concelleiros para la próximo legislatura. Una cifra importante, subiendo dos respecto a las elecciones de 2019. Es por ello que desde el partido han emitido la carta que dejamos a continuación:
"Desde o BNG do Barco de Valdeorras queremos agradecer a confianza depositada en nós por eses mil sesenta e un veciños e veciñas do noso concello. Seremos a vosa voz e a de todos e todas que así o queiran no Concello. Traballaremos duramente para non defraudar tanta confianza depositada en nós.
No BNG do Barco tiñamos dous obxectivos fundamentais nas eleccións deste 28 de maio. Un, aumentar e consolidar a nosa representación no Concello, algo que conseguimos grazas ao voso aopio, pasando de un a tres representantes. Outro, que o actual alcalde perdese a maioría absoluta para que no concello houbese outra maneira de gobernar, contando con todos os veciños e veciñas.
Por moi poucos votos non o conseguimos, mais comprometémonos a traballar duramente para que tamén vexamos pronto este obxectivo cumprido. Do mesmo xeito, faremos todo o posible para convencer esa gran porcentaxe de persoas que se abstivo e non quixo participar no proceso electoral.
Tamén intentaremos demostrar a quen escolleu outra opción política que o proxecto do BNG é o mellor para O Barco, e así termos a súa confianza. Desde o BNG do Barco queremos agradecer ás militantes e simpatizantes todo o traballo realizado ao longo da campaña e precampaña así como todo o apoio e forza que nos destes as persoas coas que iamos falando. Igualmente, grazas aos medios de comunicación que nos permitiron achegar o programa e as nosas ideas á cidadanía"