domingo. 01.06.2025

A saúde mental enche o Teatro Lauro Olmo da man de Vagalume

Hoxe, 19 de febreiro, comezaron os XXI encontros "Familia-Escola" organizados pola Asociación Cultural Vagalume xunto ó Concello do Barco e a Deputación de Ourense

Os encontros "Familia-Escola" volven encher o Teatro Lauro Olmo con seis relatorios sobre a saúde mental. Este evento celebra a súa vixésima primeira xornada, organizada pola Asociación Cultural Vagalume xunto o Concello do Barco e a Deputación de Ourense. Este ano, baixo o lema "Educando Saudablemente". 

Hoxe, 19 de febreiro, Rosa Molina foi a encargada de inaugurar estes encontros. Ela é doutora pola Universidade Complutense de Madrid e conta cun máster en Neurociencias. De feito, exerce a docencia no ámbito universitario, coordinando tamén a sección de Neurociencia Clínica da Asociación Española de Neuropsiquiatría. Con todo isto, tamén é autora de "Una mente con mucho cuerpo" e "Microtraumas". 

2Z0A9980
Rosa Molina na conferencia inaugural

Molina iniciaba este encontro co apoio de Alfredo García, alcalde do Barco; Margarida Pizcueta, Concelleira de Cultura; e José Fernández, presidente da Asociación de Vagalume. Este último, nunha entrevista para Somos Comarca, facía  fincapé na importancia de tratar estes temas cos adolescentes e, tamén, ca familia, xa que non hai a suficiente información, de feito, piden a presenza de psicólogos nos centros educativos. 

Podes ver unha pequena parte da presentación no seguinte vídeo:

Se queres saber máis sobre como van ser estas xornadas, podes escoitar o presidente da Asociación aquí:

A saúde mental enche o Teatro Lauro Olmo da man de Vagalume