O Concello do Barco sacou a licitación a obra denominada "Reforzo do firme nas estradas de circunvalación de Santa Mariña e Santigoso", cun orzamento de execución de 140.000 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 17 de setembro.
As obras contan cun prazo de execución de tres meses, a contar dende a data da firma do contrato. Os traballos consisten no reforzo do firme das estradas de circunvalación das localidades de Santa Mariña e Santigoso —ambas pertencentes ao Concello do Barco— mediante un bacheo con Macadam e riego, e o estendido dun dobre tratamento asfáltico e un riego de sellado ao longo e ancho da traza.
A Deputación Provincial de Ourense confinanciará as obras aportando 112.119,57 euros, a través do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais para ou exercicio 2024, mentres que con cargo a fondos propios do Concello achegaranse 27.880,43 euros.