Roberto Vilar está feliz porque ven a recibir cariño. Así o expresa él mesmo cando confesa que, con esta predisposición, «cruzar Galicia para ir a Valdeorras, mola». O Teatro Lauro Olmo abrirá as súas portas para recibirlle mañá sábado, a partires das 12:00 horas, como pregoeiro da XIX edición da Festa do Botelo.
Confesa Vilar que non é dos que fan este tipo de actos moi a menudo, «gústame moito estar ca familia», explica. Pero tamén conta que, cando lle propuxeron «o Botelo», non puido dicir que non, porque «esto de pelexar polas entradas para conseguir mesa para ir degustalo, nos pareceu moi atractivo».
Deixando a personaxe de lado, o auténtico Roberto Vilar apela á responsabilidade do encargo dicindo que se pon máis nervioso co pregón que facendo o programa, «porque houbo xente que depositou a súa confianza en ti». Por eso mañá espera dar a mellor versión de sí mesmo, aquela que di lle esixirán os alí presentes. E avisa ás autoridades locais, os chistes, xa están preparados.
O gran humorista galego visitará mañá Valdeorras e xantará cos vecinos coma un máis, nunha festa das que esixe que deben manterse. «Eu son dos que pensa que as administracións públicas, a parte de darnos unha boa sanidade, educación, traballo, etc., teñen que organizar festas, é unha obriga, porque somos seres humanos e necesitamos a festa tanto como comer». De ahí parte a súa felicitación e agradecemento ó Concello, porque conseguiu organizar unha celebración «onde a xente pode socializar, deixar o móvil e divertirse».
Para escoitar a entrevista completa a Roberto Vilar, pregoeiro da XIX Festa do Botelo do Barco, na seguinte ligazón: