domingo. 21.04.2024

A cerimonia celebrada na mañá do venres 23 de febreiro, foi un acto cheo de sentimento, emocións e entrega de agasallos. A directora do CEIP Ramón Otero Pedrayo, Reme Arias, xa adiantaba nunha entrevista en Somos Comarca que os nenos e nenas do colexio íanlle facer unha homenaxe ao Orfeón Valdeorres. 

Este acto inaugurábano os alumnos do centro educativo de Viloira. Por outra banda, o Orfeón Valdeorres que deleitou os presentes con trespezas musicais. "Maruxa" de Fuxan os Ventos foi unha das invitadas a esta homenaxe que lle fixeron á agrupación valdeorresa, de feito, tamén interpretou unha canción. Despois das actuacións, houbo unha entrega de agasallos por ambas as partes implicadas neste bonito tributo a agrupación musical. 

Durante a cerimonia viviuse outro momento de moita emotividade, xa que estivo presente unha antiga profesora do Otero Pedrayo. Lolita ten agora mesmo 96 anos e volveu o seu colexio —no que a súa filla imparte clases—, para ver, en primeira persoa, o cambio de nome da aula de música. 

somoscomarca_viloira_oteropedrayo_orfeonvaldeorres_2024 (8)

Autoridades do Concello do Barco de Valdeorras non se quixeron perder este momento. Alfredo García, alcalde do Barco, e Margarida Pizcueta, Concelleira de Cultura, estiveron presentes neste día tan imporante para o colexio Ramón Otero Pedrayo. 

Así foi a cerimonia de homenaxe ao Orfeón Valdeorrés no colexio Otero Pedrayo