sábado. 20.04.2024
portada

O venres 19 de xaneiro Radio Valdeorras Onda Cero emitiu un programa especial, como ven sendo habitual ano tras ano,  da Festa do Botelo, no que participaron: Alfredo García, alcalde de O Barco, José María Rodríguez, “Polo”, pregoeiro, Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura e Educación, e Teresa López García ,“Tere Parra”, en representación da súa nai Manuela, que será a homenaxeada na presente edición.

Unha xuntanza distendida onde María Fernández locutora do “Valdeorras en la Onda” soubo sacar o mellor de cada quen. Tere Parra recordou como a súa nai facía as comidas para vodas -na que nalgunha tamén estaba a nai do pregoeiro-,  como se vivía nos seus anos mozos nas Casas Baratas, xa que hai que recordar que tanto homenaxeada como pregoeiro son deste popular barrio barquense. Moitos recordos e tamén anécdotas que compartiron os convidados.

Por outra banda José María, sempre ca súa retranca non deixou tírete con cabeza e emprazou a xente a ir o sábado, 21 de xaneiro a escoitar o pregón, xa que ía estar callado de sorpresas.

Houbo tempo para convidar os ouvintes a celebración da decimo oitava festa do botelo, cabe que subliñar que é de interese turístico.

Programa especial da Festa do Botelo en Radio Valdeorras Onda Cero