Procesión, misa, deporte e gastronomía na honra do Santiago Apóstolo en Forcadela

Ás 13.00 horas, e baixo un sol de xustiza, daba comenzo a procesión do Santiaguiño e da Virxe da Saúde polas rúas do pobo

A parroquia de Forcadela, tamén chamada Santiago de Forcadela e Nogaledo, pertencente ao municipio do Barco de Valdeorras, e cuns 20 habitantes, únese para celebrar a súas festas patronais do Santiago Apóstolo.

A parte festiva comenzaba onte, 24 de xullo, cunha cea popular na praza situada xunto ao río e a que acudiron unhas 170 persoas. Ao remate tocou baixar a comida, e que mellor forma de facelo que bailando e cantando co concerto de El Patio de Leni e a actuación do  Dj Dani Argü.

Hoxe 25 de xullo, e con poucas horas de sono, os devotos acudiron a procesión, coa misa posterior, do Santiaguiño e a Virxe polas rúas do pobo. A calor reinante e o considerable peso da talla deo algún "problemiña" ós portadores da imaxe, pero ao final o cabalo do Santiago foi domado e todo rematou felizmente.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá un descenso de bicicletas ata a zona do río. Xa pola tarde noite unha andaina e unha pancetada con chocolatada, e para os que queiran e poidan seguir a festa, o día rematará coa sesión musical do Dj Dani Argü, ás 23.00 horas