
A prevención das enfermidades renais serán protagonsitas no Barco
Esta será unha charla organizada por Alcer e o Concello barquense o próximo 3 de outubro

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril e o Concello do Barco organizan unha charla que leva por título: "Agasalla vida".
O principal obxectivo que teñen este tipo de iniciativas é a prevención de enfermidades renais e informar sobre a doazón de órganos.
Segundo a organización pode ser de interese para diabetes, hipertensión, sobrepeso, obesidade, poboación en xeral ou persoal sanitario.
Iso si, é precioso inscribirse en ALCER Ourense mediante os seguintes números de contacto: 988.22.96.15 ou 663.78.03.30.
A charla informativa levarase a cabo o próximo 3 de outubro no salón de actos do edificio multiusos do Barco de Valdeorras en vespertino, de 17:00 a 19:00.