O Concello do Barco publicou na súa Sede Electrónica os pregos para a contratación da prestación das Escolas Deportivas Municipais cun orzamento base de licitación de preto de 80.000 euros anuais. O contrato ten una vixencia dun ano, prorrogable por outros tres, o que supón un valor estimado de algo máis de 196.000 euros.
Os interesados poden presentar a súas ofertas ata o 25 de xuño, incluído, exclusivamente na sede electrónica do Concello. O adxudicatario deberá comezar a prestar o servizo o 2 de setembro de 2024. As empresas que queiran optar a este contrato deberán ofertar diferentes escolas deportivas, para nenos a adultos, cun mínimo de ximnasia rítmica, ballet e zumba para nenos, e ximnasia de mantemento, adestramento funcional, zumba, pilates, bailes de salón, ioga, tai chi e ximnasia ao aire libre.
Para os nenos, as escolas deportivas son indicadas para os que teñen entre 4 e 16 anos. No caso das de adultos, a partir de 16 anos. En cada escola haberá como mínimo dúas sesións semanais, en días diferentes, dun mínimo de 60 minutos por sesión. No prego, publicado na sede electrónica do Concello do Barco, establécese o número máximo de persoas que poden estar en cada grupo. As actividades desenvólvense en instalacións do Concello do Barco, en outras instalacións concertadas e, no caso da ximnasia de verán —meses de xullo e agosto—, ao aire libre en parques municipais.