PP do Barco: «Queremos invertir a espiral negativa e dar un vuelco positivo no Barco»
O PP do Barco presentou a súa candidatura coa que concorrerán as eleccións municipais do 28-M cun equipo renovado e o reto de "intentar dar un vuelco positivo" a localidade ante a "situación crítica" que segundo din, vive a localidade.
PP do Barco: «Queremos invertir a espiral negativa e dar un vuelco positivo no Barco»
4 de mayo de 2023, 21:07
O PP do Barco presentou a súa candidatura coa que concorrerán as eleccións municipais do 28-M cun equipo renovado e o reto de «intentar dar un vuelco positivo» a localidade ante a «situación crítica» que segundo din, vive a localidade.
En palabras de Manuel Núñez, candidato popular, o proxecto que parte «practicamente de cero» busca ensanchar a súa base e recuperar «xente que se foi perdendo polo camiño» ou que está descontenta coa actual situación.
Nun balance pola última lexislatura, o cabeza de lista amósase especialmente crítico:«Realmente do que se está facendo nas dúas últimas lexislaturas, o único que se manten son os servizos e O Barco necesita algo máis», expón o popular, quen defende a necesidade de levar adiante outros proxectos, entre eles, obras que o partido prevé «presentar en breve» e que cree que xerarán «ilusión para o pobo» posto que lle pode dar «máis dinamismo».
Manuel Núñez «Noli», encabeza a candidatura dos populares do Barco
Para levar a cabo este proxecto, defende que se presenta cunha candidatura «renovada», «nin mellor nin peor» con xente que «ten inquietudes e gañas de pelexar por este pobo». E deixa claro que «son un máis». «Aquí non hai personalismos, hai un portavoz e cada un ten unha función, eu aportarei as miñas ideas, pero a xente que levo comigo tamén ten moito potencial e moitas gañas de facer cousas».
Da lista, explica que só repite un o que «non quere dicir que rompamos» o partido senón que «queremos que o PP sega sendo o PP recuperar xente que se foi perdendo polo camiño, xente descontenta», matiza.
A candidatura do PP do Barco durante a súa presentación
Malia as dificultades, cree que pode «volver integrar a todo o mundo» e «loitar» por mellorar a localidade para que a xente queira quedarse a «traballar e desfrutar» alí.
Eliseo Fernández, actual portavoz, quen comparou a situación actual do Barco coa travesía «do Titanic», destaca que os integrantes chegan «de diferentes horizontes e profesión» coa ilusión de «intentar dar un vuelco positivo á situación crítica que sufre a vila desde fai demasiado tempo» que atribúe a «política irresponsable e irrespetuosa do actual equipo de goberno».
Entre as propostas, aposta pola necesidade de promover máis eventos deportivos e turísticos para convertir O Barco nun «paraíso natural», basado na convivencia e «non na confrontación».
«Temos ilusión esperanza e o compromiso para dar un xiro positivo ao Barco e dinamizar esta vila», proclamaron os populares, que fixeron un chamamento a cidadanía para apoiar o PP ao obxecto de «invertir a espiral negativa de olvido e recesión».