A piscina municipal de verán do Barco de Valdeorras está xa preparada para recibir aos primeiros bañistas da tempada. As instalacións abrirán as súas portas o sábado 21 de xuño, en horario ininterrompido de 12.30 a 20.30 horas.
As tarifas mantéñense con respecto a anos anteriores: a entrada diaria terá un custo de 1,50 euros para os nenos e nenas de ata 14 anos, e de 2 euros para os adultos. Tamén estarán dispoñibles os bonos de tempada, cun prezo de 19,21 euros no caso dos menores, 38,55 euros para persoas adultas e 77,59 euros para as familias que opten polo bono familiar.
Ademais, durante os meses de xullo e agosto ofertaranse cursillos de natación con prazas limitadas. As persoas interesadas poderán solicitar máis información directamente nas instalacións da piscina.