domingo. 08.06.2025

O centro de saúde do Barco premiado como a mellor iniciativa innovadora

Sanidade premiou tres plans locais de saúde da área Sanitaria de Ourense como recoñecemento o labor da súa atención primaria 
P_somoscomarca_240314_obarco_centrodesalud_premio
O Centro de Saúde do Barco premiado pola mellor iniciativa innovadora

Os Servizos de Atención Primaria ourensáns do Barco, de Castro Caldelas e o da Cuña recibiron distincións pola súa vocación pola comunidade, na que se prima a integración dos Centros de Saúde no tecido social. 

A Consellería de Sanidade premiou os plans locais de saúde de 11 centros galegos e entre eles tres que pertencen á área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras o que supón un importante recoñecemento ao traballo diario dos profesionais sanitarios e non sanitarios da atención primaria da nosa provincia.

O servizo de atención primaria do Barco acadou a máxima distinción na categoría de mellor iniciativa innovadora co proxecto de atención comunitaria “Humanizando e achegando a atención primaria aos nenos: coñece o teu centro de saúde” que xurdiu da inquietude dun grupo de profesionais co obxectivo de reducir o medo e a ansiedade dos nenos cando acoden a un centro sanitario.

Esta iniciativa xa foi levada a cabo o pasado ano nos Centros do Barco, O Carballiño e Bande e terá continuidade en varios centros da provincia durante o presente ano.

O premio o recolleu a Coordinadora de enfermaría, Isabel Navarro González, en representación dun equipo multidisciplinar que implica a médicos, persoal de enfermaría, matronas, traballadores sociais, nutricionistas, fisioterapeutas, odontólogos, hixienistas dentais, técnicos de radioloxía, persoal da limpeza ou a profesionais en formación (MIR, EIR).

O obxectivo desta iniciativa e o de establecer unha relación de confianza e converter a experiencia da visita ao centro de saúde en algo positivo sendo tamén unha forma de que coñezan de maneira divertida o traballo de todos os profesionais de atención primaria e poidan familiarizarse tamén co distinto instrumental.

O centro de saúde do Barco premiado como a mellor iniciativa innovadora