
Os concellos do Barco e Trives tinguiranse de violeta

oriente ourensá únense á convocatoria
SOS emerxencia, «A noite será violeta»
O Barco de Valdeorras e A Pobra de Trives secundan á iniciativa «A noite será violeta» sumándose así á emerxencia feminista que simboliza a necesidade de afastar o medo que senten as mulleres ó saír soas á rúa pola noite. As luces acenderanse na tarde noite deste venres, 20 de setembro.
A partir das 21:00 horas a fachada do edificio do Concello da Pobra de Trives tinguirase de violeta e o do Barco permanecerá alumeado con esta cor toda a noite.
Nesta iniciativa
participan máis de 100 cidades españolas e do resto do mundo como París ou
Rosario na Arxentina.
«Desde o Concello do Barco apoiamos a convocatoria do movemento feminista coa iluminación en cor violeta do edificio do concello vello durante a noite do 20 de setembro de 2019. Desde o Concello do Barco queremos manifestar o noso apoio á convocatoria do movemento SOS emerxencia feminista: “A noite será violeta”», apunta Orlando Saavedra, concelleiro de Servizos Sociais do Concello do Barco.
«O verán do 2019
será recordado no noso país como o verán negro. Non é unha alerta, é unha emerxencia
Feminista. 42 mulleres asasinadas no que vai de ano 2019 e máis de mil desde
2003, ano en que se comezan a contabilizar. Ese número é o oficial, pero hai
centos de mulleres, nenos e nenas que non figuran nas estatísticas oficiais ao
non estar contempladas na Lei integral contra a violencia machista a súa
relación cos asasinos», recalca o concelleiro do Barco.
«Faise imprescindible abordar a violencia machista como unha “cuestión de Estado”, violencia que afecta á metade da poboación e que ten unha causa estrutural que é a desigualdade entre mulleres e homes», remata.
O pasado 19 de setembro A Rúa e O Barco uníanse ás 47 cidades galegas que manifestaron diante dos Concellos a repulsa polo feminicidio de Valga.