A Olimpiada Matemática Galega contou co alumno do Lauro Olmo, Pedro Vicente Polo
03 de junio de 2024 (21:59 h.)
Obtivo a Mención de Honra ao quedar entre os 15 primeiros clasificados dun total de 150 participantes.
O alumno de 1º de bacharelato do IES Lauro Olmo Pedro Vicente Polo, obtivo a Mención de Honra pola súa calificación na Olimpiada Matemática Galega 2024 ao quedar entre os 15 primeiros clasificados dun total de 150 participantes.
O seu esforzo tivo recompensa. Para preparar esta proba, Pedro estivo asistindo durante o primeiro trimestre ao taller preparatorio da Real Sociedad Matemática Española, organismo encargado da organización da olimpiada.
A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago albergou a Olimpiada Matemática Galega, na que o alumno do instituto Lauro Olmo acadou un agasallo en forma de mención.