
O Casino afronta o novo ano sin deixar de pensar en proxectos
Pablo Dobao, presidente da asociación barquense, desvela como será o 2024

O 2023 foi un ano cheo de presentacións de libros e de arte, de cenas benéficas e celebracións. Así que, o 2024 non se vai quedar atrás e tamén «queremos seguir facendo conferencias e exposicións co IEV», comenta Pablo Dobao, presidente do Casino.
A parte das colaboracións, por exemplo, as que se fixeron no anterior período co Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), desexan que todos os artistas da zona, que queiran facer exposicións ou eventos nas salas do Casino, se poñan en contacto con eles para así poder brindarlles o local e a súa axuda.
Pero, as tradicións non se perden e seguiran tendo os encontros os que xa nos teñen acostumados. «Seguiremos coas festas fixas de sempre, por exemplo, a cea de Reis, o Entroido, a Feira de Abril, Halloween e o Magosto», explica Dobao. E este ano, volverase a nomear o Barquense do ano, tradición que se recuperou no ano pasado.
Aínda que todo non van ser festas e encontros, as reformas estarán presentes este ano. Dende O Casino queren comezar a renovar a cafetería da primeira planta. «Isto é o que temos en mente para esta etapa. Que, a parte, agora véncese o mandato da directiva actual e hai que renovala a principio de ano», conclúe o actual presidente.