viernes. 19.04.2024
portada

Por segundo ano consecutivo, o número 2 do BNG e delegado sindical na Área Sanitaria de Valdeorras, Suso Vilasánchez, denuncia a situación da sanidade pública na comarca afirmando que “o 2017 foi un ano terrorífico para o sistema sanitario galego e valdeorrés” que segue “a desmantelarse pouco a pouco”. Desta vez, a denuncia chega en forma de “feitos concretos” co obxectivo de que “a cidadanía se percate de cómo están as cousas”, explica.

Así, enumera Vilasánchez ata vinte destes “feitos” para por de manifesto “o ataque máis claro e absurdo que houbo nunca contra a sanidade, que quere a destrucción do sistema público fronte a privatización”. Desta forma, quere o BNG “pedir á poboación que o día 4 de febreiro vaian á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela, e que participen na gran concentración que terá lugar o 24 de xaneiro diante do HCV”.

Fala o delegado sindical da CIG de zonas coma “O Bolo e A Veiga, que se deixaron de cubrir coas guardias localizadas repartíndose a os PACs do Barco e de Viana, sen informar a os traballadores delo”. A consecuencia máis inmediata que apunta é que por exemplo, “o PAC de Viana cun só médico e unha enfermeira, chegou a ter 700 km cuadrados de territorio para atender”.

Outro dos “feitos concretos” refírese ao Hospital Comarcal Valdeorras, no que continúan a facer “recortes de persoal dunha forma que non se note que os están facendo, eliminando postos como o de supervisor”, unha práctica que califica “de risco” que non van a tolerar.

Na mesma liña, denuncia Vilasánchez que existen postos de supervisor que “están sendo cubertos dunha forma alegal, porque levan anos cubertos de forma provisional, en contra do decreto 206/2005 de provisión de plazas”.

Recorda tamén Vilasánchez o feito de que no pasado día festivo de Nadal, “deixaron a metade de efectivos do PAC e só enviaron un reforzó cando o único médico que traballaba levaba visto él só 92 urxencias”.

As baixas dos médicos de atención primaria sen cubrir coma os de A Veiga e Viana do Bolo, as promesas non cumpridas en canto a praza de fisioterapeuta para Carballeda, que segue sen cubrir, e a falta de resposta cando se reclaman cifras concretas sobre a plantilla real do HCV, son tres feitos concretos máis que forman parte da lista de denuncias.

E doutra lista tamén fala Vilasánchez, a de espera nos hospitais para ser operado. “Cifras falseadas porque non contan coas persoas que figuran nas listas non estructurais”, unha nova forma de esconder, segundo indica, a aquelas persoas que non quixeron ser atendidos en centros concertados ou privados. “Miles de persoas retiradas das listas de espera oficiais, agochadas”, que reducen así o número real de pacentes por atender.

O BNG denuncia un "ano terrorífico" para a sanidade pública valdeorresa