lunes. 16.06.2025

O Barco instala un circuito de xogos para cans

O primeiro intento de colocalo foi suspendido debido á suciedade acumulada na Zona de Esparcimento Canino

Na xornada do 30 de maio, o Concello remataba a actuación na Zona de Esparcemento Canino do Barco, situada ao lado da Casa do Río Cigüeño, coa instalación dun Circuito Agility. Os cans da zona gozarán agora de cinco xogos específicos, unha fonte e papeleiras especiais, mobiliario que supuxo unha inversión de en torno a 2.500 euros, cantidade á que se engade o custo da obra civil, feita hai uns meses con medios propios do Concello.

O Concello facía unha primeira intentona de colocar o mobiliario o pasado mes de xaneiro, pero os operarios atopábanse ca área chea de excrementos e suciedade que impedían a súa colocación. Naquel momento, o alcalde do Barco, Alfredo García, manifestaba que «cando fomos a colocar os aparatos, os técnicos non puideron porque estaba moi sucio; se piden un espazo así, non me cabe na cabeza que non recollan os excrementos, é un problema de conciencia cidadá».

O Barco instala un circuito de xogos para cans