viernes. 27.06.2025

O 1 de xullo comeza o campamento de verán 2021 “8 semanas en Barco”

O campamento  levarase a cabo no CEIP Condesa de Fenosa, e serán en total 7 grupos

O Campamento de Verán “8 semanas en Barco”, que organizan o Concello do Barco e a Asociación Vagalume, celebrarase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto , co que se garante a conciliación familiar para aquelas familias que o precisen.



A temática do campamento que se elixiu para este ano  é “viaxar” coa imaxinación, “converténdonos en persoas doutros países, coa idea de coñecer outros costumes e tradicións, sen esquecer o noso”, di Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura e Educación. Como actividades, os nenos participarán en “entretemento diverso”, engade, buscando sempre e educación emocional dos nenos e nenas participantes, de entre 3 e 13 anos.

O campamento  levarase a cabo no CEIP Condesa de Fenosa, e serán en total 7 grupos, distribuídos por idades dos nenos (con menos nenos por grupo, canto máis cativos son os nenos). Estarán acompañados por 7 monitores, outros dous máis en prácticas, e 5 axudantes.



Este ano, polas circunstancias que xorden da Crise de Saúde pola Covid-19, foi necesario facer unha limitación de prazas, para poder ofertar un servizo de calidade, coas máximas garantías de prevención e hixiene. Ademais da redución das prazas, tamén é necesario respectar as distancias físicas e o fortalecemento das medidas hixiénico sanitarias.

A redución de prazas fixo necesario proceder a unha preinscripción que rematou o luns 14 de xuño e na que se presentaron 82 solicitudes, das que foron admitidas 52 para o mes de xullo e 42 para o de agosto.

Este ano, ademais, e por mor da Covid, cada familia deberá asinar unha sinxela Declaración Responsable, declarando que os seus fillos/as acoden sen síntomas de enfermidade ao Campamento, xa que é un compromiso de e para todos.

O 1 de xullo comeza o campamento de verán 2021 “8 semanas en Barco”