sábado. 07.06.2025

Nunha hora vendéronse 1.100 entradas para a Festa do Botelo

Non se esgotaron na primeira quenda de venda, quedaron 50 para os que viñeron máis tarde. As 9:00 horas, coma estaba previsto, puxéronse a venda as 1.150 entradas para a Festa do Botelo. Os primeiros en pasar foron os mais madrugadores.

De dez en dez púñanse a cola da venda as persoas que previamente obtiveron o número,  agardando o resto dentro do patio de butacase. Y é que, a mañá estaba crúa, a menos de 3º baixo cero, por iso as portas do Teatro Lauro Olmo  abríronse dúas horas antes do previsto, para  que a xente estivera ao quentiño e vendo unha película agasallo do Cine Club Groucho Marx. E tamén se esperou dentro a que a cada quen lle tocara o seu número —outros anos agardábase fora—.

Era o concelleiro de Deporte, Aurentino Alonso, o encargado xunto con José María Rodríguez —o que deu os números— de por a venda estas entradas. Mentres se despachaban na entrada do teatro as entradas, no patio de butacas moi bo ambiente, comentado cada quen a xogada, preguntando polo número que ía, como estivera a película ou se se madrugara moito.

A comida oficial da Festa do Botelo celebrarase o vindeiro sábado, 19 de decembro ás 14:30 horas no pavillón de Calabagueiros, onde ademais de comer o produto estrela da gastronomía barquense poderase cantar en bailar cos Cantos de Taberna.

Nunha hora vendéronse 1.100 entradas para a Festa do Botelo